Monday 06 de May de 2024

O Concello de Brión convoca “Brión mozo”, unha xornadas periódicas e interactivas do alcalde coa mocidade do municipio


A primeira reunión terá lugar este xoves 23 de novembro, ás 21:00 horas, na sala municipal de exposicións

O Concello de Brión vai poñer en marcha “Brión mozo”, unhas xornadas interactivas periódicas de escoita e exposición de ideas e proxectos entre o alcalde, Pablo Lago Sanmartín, e a mocidade do municipio. “A intención é manter unha conversa distendida onde a mocidade formule posibles ideas para levar a cabo no noso concello e proxectos que lles poidan interesar de forma directa”, explica o alcalde brionés.

A primeira xuntanza terá lugar este xoves 23 de novembro, ás 21:00 horas, na sala municipal de exposicións da Casa da Cultura. A intención é que estas xuntanzas sexan descentralizadas e inclusivas, polo que iranse realizando nas distintas parroquias do Concello de Brión.